Cen anos de Telefónica

Cen anos de Telefónica
27 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Telefónica renunciou ao anunciado apagón do ADSL previsto para o 19 de abril para non danar a súa imaxe na celebración do seu centenario. Ese día, cadrando co aniversario, a operadora anunciara que levaría a cabo o apagado do ADSL pero quedaban moitos usuarios sen facer a transición e aprazou o corte, segundo explicou Iago Varela no espazo Cultura Tecno de Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

“Ter apagado sería unha crise nun momento de celebración e tería colapsado o seu servizo de atención ao cliente”. Aprazado o corte para evitar unha crise de reputación, agora “vai ser un apagado progresivo”. Iago lembrou que “no caso de Fene están programados para o 19 de outubro os peches das centrais situadas en Maniños e Vilar do Colo, a que está no centro ten data de peche para o 27 maio de 2025”. Cen anos despois da súa creación a compañía Telefónica, privatizada nos anos 90 volve a ter capital público. A SEPI é o maior accionista ao facerse co 10% do accionariado. Unha decisión tomada polo Goberno a raíz da entrada de capital saudí na multinacional española.

Sociedade

Publica o teu comentario agora