Volta á casa polo Nadal

Volta á casa polo Nadal
26 de Abril, 2024 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

O teatro amador goza de moita vitalidade en Fene. A Escola de Teatro Juan López Allegue estrea este sábado, día 27, a obra “Volta á casa polo Nadal”. Na sociedade Agarimo de Sillobre.

ESCOITA O PODCAST:

“A única pretensión é que a xente o pase ben”, destaca a directora e tamén actriz nesta obra, Mari Carmen Martínez. A obra trata, en clave de humor, sobre unha familia que vive unha situación de apuros económicos. “Aparecen uns parentes con pretensión de instalarse e non hai cartos, pero ao final, como pasa na ficción, sempre se resolve”. A función terá lugar ás 20.30 horas. Con entrada libre. Prégase encarecidamente ao público que silencien os teléfonos móbiles e que non coman larpeiradas, pois o ruído perturba moito ás persoas que actúan. 

Cultura

Publica o teu comentario agora