Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 64

Estiven toda a tarde do venres e boa parte do sábado escoitando as gravacións pendentes cos contos e os cantos de María Dominga. E o domingo collín rumbo a San Epitafio, con Gustavo de copiloto e ao ritmo das cancións que conmemoraban o día da Revolución portuguesa do 25 de abril, disposto a gozar dun churrasco mixto que Ricardo quedou de preparar a partir das dúas para nós, súa nai e os seus tíos Emilio e Xabier, un total de cinco comensais, se contamos tamén o cociñeiro. 

Fotografía: XanXe