Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Estás en Actualidade > Listado de novas
Buscador de novas BUSCAR
Listado de novas

Un visionario buscando sabores

Sociedade 20/11/2017
  Envía a túa opinión

A espectacular gastronomía de Santiago de Compostela xa adquiriu sona na Edade Media. A variedade da súa oferta culinaria é espectacular, pero hoxe detémonos nun dos nosos preferidos. Un visionario, un innovador, sempre buscando sabores, preparacións e sorpresas a partir dunha materia prima de máxima calidade. Marcelo Tejedor fálanos de gastronomía e de hostelería.

Marcelo Tejedor rexenta Casa Marcelo en Santiago de Compostela

Bacallau con aroma Ferrol

Sociedade 19/11/2017
  Envía a túa opinión

A empresa Pesquerias y Secaderos del Bacalao de España S.A (Pysbe) creouse en 1919 en Pasaxes no País Basco. A factoría de Ferrol botou a andar en 1945, aínda que xa no 1933 houbo unha primeira intentona frustrada pola guerra. A Pysbe ocupaba unha superficie de 12.000 metros cadrados en terreos do porto ferrolán.

A Pysbe aproveitou a rexeneración dos caladeiros polo parón da pesca na Segunda Guerra Mundial

Os cómplices do galeguismo

Sociedade 18/11/2017
  Envía a túa opinión

Xosemaría Pérez Parallé e Ricardo Carvalho Calero eran cómplices do común sentimento galeguista. Os dous naceron entre 1909 e 1910 en Ferrol e coincidiron en Santiago de Compostela nos anos mozos da Universidade. Carvalho describe ao segrel como "un personaxe para a Casa da Troya, sempre de bon humor, sempre cantando. ¡E cantaba ben!!" conclúe o catedrático de Lingua e Literatura Galega.

Xosemaria Pérez Parallé, segrel e músico

O nome celta de Barallobre

Sociedade 17/11/2017
  Envía a túa opinión

Barallobre é un nome celta, inequivocamente celta,que nos fala do máis profundo das nosas raices no tempo, afirma o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. O autor de Con pólvora e magnolias, inscribe a Xosé María Pérez Parallé no que el denomina como xeración de 1936, autores que abrazan o galeguismo na Segunda República e viven "para salvarvos as palabras e devolvervos o nome de cada cousa· como dicia Salvador Espriu.

Pérez Parallé quería ser chamado segrel

Batuko Tabanka no 25N de Fene

Sociedade 16/11/2017
  Envía a túa opinión

O concello de Fene acabou de perfilar esta mañá como será o acto institucional do 25 de novembro "Día contra a Violencia de xénero". O barrio de San Valentín acollerá este ano os actos a celebrar o mesmo sabado 25. Decimos en plural porque a Fene volve este ano a Marcha Mundial das Mulleres que cada ano escolle un concello da comarca para conmemorar este día.

Califican de ilegal a decisión da mesa de idade

Sociedade 16/11/2017
  Envía a túa opinión

Antón Noceda manifestou a Radio Fene esta mañá que por fín veu o escrito co que a mesa de idade paralizou a votación da moción de censura a Juventino Trigo o pasado 26 de outubro. Unha situación que calificou de "esperpéntica" porque todo o que se fixo é ilegal, segundo as súas palabras nas que citou a Valle Inclán. O documento era igual ao da primeira intentona, ía dirixido á mesa de idade que aínda non se constituira e debíano ter visto todos os membros da corporación antes da celebración do pleno, sentencia Noceda. Os socialistas non asinaron a moción porque un principio do seu partido lles impide facelo co PP pero dalles a razón aos promotores porque, afirmou, "está paralizado todo no concello" e chegou a chamar "vago e incompetente" ao alcalde nacionalista Juventino Trigo.

Antón Noceda

Assier: “Soño todos os dias con Eurovisión”

Sociedade 16/11/2017
  Envía a túa opinión

Cantar no festival de Eurovisión é o soño do músico Assier, quen se adentrou neste mundo a través das orquestras, pero que en 2012 iniciou xa unha carreira en solitario. O novo intérprete galego Assier adiántanos "Amor prohibido"  como primeiro single do que  será o seu segundo álbum "Te voy a enseñar a amar" que se pon á venda mañá venres.

Assier compón a maioría dos seus temas musicais

Edelmiro López: “Son as condicións meteorolóxicas”

Sociedade 16/11/2017
  Envía a túa opinión

“Os estudos existentes, tanto para Galiza como para Portugal, mostran que o número diario de incendios está estreitamente correlacionado coas condicións meteorolóxicas. Polo tanto, dadas as condicións que se deron o 14 e o 15 de outubro, as cifras de máis de 80 lumes diarios non son sorprendentes e deberían ter sido previstas polos responsables do dispositivo” afirma o profesor da Universidade de Santiago Edelmiro López Iglesias.

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros