Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 12 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O clube dos incomprendidos


Escea da película

‘O clube dos incomprendidos’ estreuse en 2015. Trátase dun filme da compañía galega Bambú Producciones e Atresmedia Cine, que contou para a súa realización cunha subvención de 252.694 euros a través do programa de axudas da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á produción de longametraxes cinematográficas. A película supuxo o salto á gran pantalla de Bambú, centrada ata daquela na produción de series de televisión tan coñecidas como ‘Velvet’, ‘Gran Hotel’, ‘Hispania’ ou ‘Gran Reserva’.

Sociedade31/12/2017Autor: Redacción

Rodaxe en Galicia

Para levar ao cinema este ‘bestseller’ xuvenil de Blue Jeans, pseudónimo do autor sevillano Francisco de Paula, a produtora pontevedresa confiou de novo no realizador coruñés Carlos Sedes, director dos seus éxitos televisivos. A rodaxe, que deu comezo en abril do 2014, desenvolveuse en distintas localizacións de Madrid e Galicia, nomeadamente en Cangas e en Vigo.

Ramón Campos, produtor executivo de Bambú con Teresa Fernández-Valdés, asina esta adaptación xunto a Gema R. Neira, Cristóbal Garrido e Adolfo Valor. Os papeis protagonistas recaen nun reparto de novos actores e actrices, como Charlotte Vega, Álex Maruny, Michelle Clavó, Ivana Vaquero, Jorge Clemente e Andrea Trepat, ademais de contar coas interpretacións de Aitana Sánchez-Gijón, Raúl Arévalo e Yon González.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros