Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A reprodución do cobizado Pergameo Vindel preséntase na Coruña


O orixinal consérvase en Nova York

A profesora Mariña Arbor ofrece este martes 1 de marzo na Coruña, unha conferencia sobre o Pergamiño Vindel, de finais do século XIII e que con sete Cantigas de Amigo de Martín Codax é unha das xoias máis importantes da poesía medieval galega. A intervención da profesora do Departamento de Filoloxía da USC, titulada ‘Un enigma desvelado: o Pergamiño Vindel’, producirase no transcurso da presentación dunha reprodución do documento –o orixinal consérvase na Morgan Library & Museum de Nova York– que terá lugar en primicia mundial ás 19:30 horas no auditorio da Sede Afundación na cidade herculina.

Cultura01/03/2016Autor: Redacción

A reprodución desta obra, de M. Moleiro Editor, acompáñase dun libro de estudos publicado en edición trilingüe gallego-castellano-inglés a cargo de, entre outras, a profesora Mariña Arbor Aldea.

Una vez finalizada a conferencia inaugurarase a exposición ‘Tesouros ocultos: os manuscritos iluminados máis valiosos de Europa’, que inclúe unha selección de tesouros do patrimonio bibliográfico europeo pintados entre os séculos VIII e XVI e as grandes xoias da cartografía da Época dos Descubrimentos.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros