Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A revolución pedagóxica nas escolas Concepción Arenal e Curros Enriquez


Guillermo Llorca pronunciará unha charla sobre as escolas da sociedade Naturais de Fene

As escolas Concepción Arenal de Fene e Curros Enriquez de Maniños cumpren cen anos. Este sábado coincide o aniversario da inauguración destes edificios, impulsados pola sociedade Naturais de Fene e que supuxeron no seu tempo unha auténtica revolución pedagóxica, segundo o historiador Guillermo Llorca.

Sociedade04/11/2016Autor: Redacción

Persoas emigrantes de Fene en Cuba, Estados Unidos e noutros paises de América, reuniron os cartos necesarios para a construción dunhas escolas que querían traer a ilustración, a cultura e o progreso social para a rapazada. As duas edificacións acollían a 250 nenos e nenas cun ensino que melloraba notablemente a media da época na zona. No curriculum non figuraba a relixión, segundo salienta Llorca, que coordenará unha exposición conmemorativa da iniciativa que se inaugura o xoves 24 deste mes de novembro na Casa da Cultura de Fene. Na inauguración pronunciará unha charla Guillermo Llorca e se proxectará o documental sobre a sociedade Naturais de Fene realizado en 1987 polo taller de video de Fene a partir dun guión de Llorca.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros