Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

As obras nos camiños do Catalán e de Lubián adxudicaránse nos vindeiros dias


O alcalde de Fene Juventino Trigo

O Concello de Fene adxudicará nos vindeiros dias a pavimentación do camiño do Catalán en Maniños e o drenaxe e reforzo do firme no camiño de Lubián en Silllobre. O presuposto conxunto das duas actuacións supera os 110.000 euros. O alcalde de Fene Juventino Trigo tamén explicou esta mañá en Radio Fene o sentido da campaña de concienciación cidadán sobre a recollida de excrementos dos animais domésticos. 

Sociedade15/11/2016Autor: Redacción

A colocación de carteis realizouse para lembrar o deber cívico de recoller as deposicións. Neste sentido a área de Medio ambiente distribuiu polo municipio un total de 150 carteis nos que se convida á cidadanía a facer un exercicio de responsabilidade e de colaboración co Concello para manter libres de excrementos os parques e as zonas de paseo.

Os carteis -de tamaño semellante ao dun póster e pintados nun rechamante amarelo- están colocados ben á vista nas zonas máis frecuentadas e nos peches perimetrais das áreas de xogo dos parques infantís onde, ademais, os animais de compañía teñen prohibida a entrada.

O Concello busca con esta medida informativa concienciar á veciñanza posuidora de animais domésticos posto que, cun simple xesto, estase axudando a manter limpos os espazos públicos.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros