Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Septembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Volven as lavandeiras


I Encontro das Lavandeiras. Sillobre 2014

Visibilizar o traballo das lavandeiras pero tamén reflexionar sobre o coidado da  roupa na actualidade. Recuperar e valorar os vellos lavadoiros. A  función social e de lecer que supoñía para as mulleres como lugares de socialización. Son algúns dos obxectivos do Encontro das Lavandeiras que principia a organizarse en Sillobre. Neste 2017 o Encontro chega á súa cuarta edición. Desenvolveráse o sábado seis de maio pero todas as persoas que desexen participar poden acudir este venres ás seis da tarde ao local de Agarimo. Anuncianse moitas novidades.

Sociedade16/02/2017Autor: Redacción

A investigadora María Rivera lembraba en Radio Fene en 2013 o proceso de lavado da roupa. Empezábase de noite para logo deixar ao dia a roupa ao clareo. Na segunda noite facíase a bogada.
Mari Carmen Sendón e Amelia de Querol da Asociación Mesturas iniciaron esta actividade que axiña foi secundada polo Concello de Fene e polas entidades de Sillobre. Agora prepárase unha nova edición.

 

A tradición das lavandeiras

Ata a década dos anos 60 do século XX, coa chegada das lavadoras domésticas, as mulleres da parroquia de Sillobre (Fene) realizaban o lavado da roupa das casas de Ferrol. Acudían a cidade a recoller as sabas e outras prendas, cruzaban a ría en lancha e lavaban nos múltiples lavadeiros da zona. Despois dun minucioso proceso, retornaban á cidade departamental coa roupa xa lavada.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros