Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 25 de Xullo de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O importante patrimonio da arquitectura indiana


A Casa da Maleta, exemplo máis singular da arquitectura indiana en Fene

Vinteduas vivendas de arquitectura indiana teñen catalogado en Fene os arquitectos Carlos Ardá e Bernardo Anatol. Publicaron o libro Indianos onde estudian de xeito sistemático este tipo de arquitectura en Fene, Ares, Mugardos e Cabanas. O emigrante que retornaba a Galicia a comezos do século vinte, edificaba a súa vivenda e participaba tamén na construción de casinos, salas de baile, cines e incluso igrexas.

Sociedade17/02/2017Autor: Redacción

Gran cantidade de edificios de carácter residencial proliferan en Fene a finais do século XIX e comezos do XX. Emigrantes retornados de Cuba e enriquecidos promoven construcións nas que se vai ver o influxo de arquitecturas cultas, eclécticas e modernistas. As vivendas seguen unha mesma tipoloxía, tratándose de volumes sinxelos en canto ao trazado das plantas, sen construcións adxetivas que desvirtúen o inmoble. A riqueza expresiva das mesmas concéntrase nas fachadas, e máis concretamente na principal e na posterior. A simetría é unha constante en todas elas. As traseiras adoitan contar cunhas fermosas galerías que percorren toda a fachada.  Outra característica é a utilización xeneralizada das mesmas cores para enlucir os paramentos que sempre aparecen recebados. Estas obras posuen un importante valor arquitectónico, histórico e social. Son testemuña diaria dos movementos migratorios, sen os que non se pode entender a realidade do desenvolvemento de Galicia no último século e medio.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros