Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Unha homenaxe a Neira Vilas


Roi Casal

A praza do alcalde Ramón Souto González en Fene acolle este sábado, 15 de xullo, a derradeira actuación do ciclo do Día da Patria Galega, organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña. O encargado de pechar o programa será desta vez o cantante e compositor catoirense Roi Casal cun espectáculo titulado “Son galego. Son cubano”. O concerto comezará o sabado ás 22.00 horas. Entrada libre. 

Sociedade15/07/2017Autor: Redacción

“Son galego. Son cubano” é  un “show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dalgúns dos mellores músicos de ámbolos dous paises”. Para a posta en marcha deste espectáculo, Roi Casal traballou conxuntamente co propio Neira Vilas ate o seu falecemento en novembro de 2015. Neste senso, a xira está considerada unha fermosa homenaxe ao autor de “Memorias dun neno labrego” e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

Este novo espectáculo de Roi Casal estreouse no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) en dous memorables concertos no mes de Maio do ano pasado. Posteriormente, foi visto en directo por máis de 50.000 persoas durante a xira de 2016.

Co concerto de Roi Casal, o Concello de Fene pecha este sábado o ciclo do Día da Patria Galega polo que pasaron ao longo desta semana a Banda de Gaitas Airiños de Fene, o Mago Paco, as corais e rondallas do Concello de Fene, o trío Siboney e as máis de seiscentas persoas que na tarde-noite de onte encheron a praza do alcalde Ramón Souto González nunha nova edición da Festa da Veciñanza. 

Dende a Concellería de Cultura lembran que esta tarde farase a lectura da declaración institucional do Día da Patria nun acto que comezará ás 20.00 horas no parque lineal do Río Cádavo (fronte ao monumento “Día da Patria”).  Asistirán o alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura, Justo Martínez, e outros membros da Corporación Municipal, xunto co autor do texto que foi o profesor e exdirector do Ceip O Ramo, Ceśar Martínez Yáñez.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros