Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Andrés Barallobre e Pardo de Cela


Pazo de Andrés Barallobre en Golmar (Roade Sobrado dos Monxes)

Corría o ano 1481 na Galiza. O país padecía as consecuencias da guerra irmandiña (1467-1469). Os labregos e vilegos armados arrasaran castelos e fortalezas da nobreza. Moitos fuxiron. Os que quedaron fixérono divididos en dous bandos irreconciliabeis. Batíanse nunha guerra sen fin, uns contra outros. A terra cultivada era pouca e as rendas escasas.

Sociedade17/07/2017Autor: Redacción

Andrés Barallobre desde a súa torre no lugar de Barallobre en Friol vai apoiar ao mariscal Pardo de Cela. Acudiu á torre da Frouxeira para apoiar a resistencia fronte ao gobernador Fernando de Acuña. Pero a cabeza de Pardo de Cela rodará tras ser axusticiado en Mondoñedo a finais de 1483. Andrés salvará a cabeza e quedará a vivir no Pazo de Golmar en Roade (Sobrado dos Monxes). Coa súa segunda muller, Constanza, terá catro fillos: Inés, Catalina, Xoan e Ferrnando. Ali nacerá a estirpe dos Barallobre.

O mariscal Pedro Pardo de Cela protagonizou o caso máis famoso de resistencia nobiliaria aos Reis Católicos. A súa prisión e execución infundiu temor entre toda a nobreza galega o que a fixo desistir definitivamente de calquera veleidade de oposición. 
O Pranto da Frouseira (anónimo do século XV) dirá:
De min a triste Frouseira/ que por treizón foi vendida/ derribada na ribeira. / ca xamais se veu vencida. 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros