Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 23 de Agosto de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Do mar ao prato


Lonxa de Ferrol

A ruta gastronómica ‘Do mar ao prato’ é un evento ideal para coñecer en profundidade os diferentes encantos de Ferrol. Unha cidade caracterizada pola beleza das súas praias, paisaxes e monumentos, e non se pode pasar por alto a variedade da súa gastronomía, onde destacan os produtos do mar. A actividade inclúe visita á lonxa, visita á Pescadería e Mercado, paseo por Ferrol e degustación gastronómica no Restaurante Casalexo. O propio establecemento e Secret Galicia son os organizadores desta cita, que pode realizarse todos os xoves desde ás 11.00 horas. A actividade custa 10 euros por persoa e finalizará o 14 de setembro.

Sociedade21/08/2017Autor: Redacción

Ferrol é un destino turístico con moito encanto polas súas praias e paisaxes, o seu patrimonio único da época da Ilustración (Ferrol da Ilustración) e museos ligados ao mar, pero tamén coa variedade da súa oferta culinaria. O porto da cidade acolle todos os xoves a ruta gastronómica ‘Do mar ao prato’, organizada por Secret Galicia e Restaurante Casalexo.


A ruta inclúe visita guiada á lonxa, visita á Pescadería, edificio que hai que coñecer tanto pola súa preciosa fachada modernista como pola calidade e variedade dos pescados e mariscos que se ofrecen no seu interior, paseo polo Ferrol máis mariñeiro e polo Barrio da Magdalena, declarado Conxunto Histórico-Artístico e degustación gastronómica no restaurante Casalexo.


Os auténticos protagonistas da gastronomía en Galicia, especialmente en Ferrol, son os produtos do mar. A diversidade de especies de marisco e de peixe que existen nas súas rías é moi ampla, onde compre destacar a sardiña, a robaliza, o linguado, o mero, a pescada ou o rodaballo.


Outros dos seus pratos estrela son as ameixas –que teñen un alto valor culinario e empreganse en diferentes guisos ferroláns–, o mexillón galego –un dos máis típicos, xa que Galicia é o segundo productor a nivel internacional deste clásico alimento–,e o polbo –que se pode degustar en calquera época do ano–. O ‘polbo a feira’ é o que conta cun maior recoñecemento, sendo protagonista algunhas das festas e ls feiras máis populares e representativas da comunidade autónoma.


A visita gastronómica ‘Do mar ao prato’ ten unha duración de dúas horas e media. As inscripcións poden formalizarse no teléfono móbil 661 275 545, do enderezo electrónico secretgalicia@gmail.com, dos perfiles en redes sociais de Secret Galicia ou nas oficinas de Turismo de Ferrol. Nesta actividade colaboran a Cofradía de Pescadores de Ferrol e a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol.


Ademais da ruta descrita, todos os días do verán -ata o 10 de setembro- existe a opción de realizar minicruceiros dunha hora de duración pola ría de Ferrol e á vila mariñeira de Mugardos, coa empresa Fernández Cabana. En ambos casos a saída é desde o porto de Curuxeiras, en Ferrol, e os tickets son adquiridos no propio barco (o prezo é de sete euros para os paseos pola ría e cinco euros a Mugardos, sendo gratis para os menores de cinco anos). As saídas pola ría son ás 11.00, 12.00, 16.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas e a Mugardos cada hora a partir das 11.00 e ata ás 20.00 horas, excepto ás 15.00 horas, único tramo sen servizo.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros