Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 18 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Consenso e imposición


Diada 2017. Fotografía: vilaweb

A sentenza do Tribunal Constitucional de 2010 sobre o Estatut catalán non só rompeu o pacto territorial en España, senón que foi unha mostra de ata onde están dispostos a chegar para que todo discorra por onde eles queren que discorra. Esa sentenza é inconstitucional, como aseguran tantos xuristas: un Tribunal anula o texto decidido polo Parlament de Catalunya, retocado (“cepillado” dixo Alfonso Guerra) afirmativamente polo Parlamento español e finalmente aprobado en referendo polo Pobo catalán. Que veñan Catedráticos en Dereito Constitucional e que nolo expliquen.

Sociedade12/09/2017Autor: Redacción

Esa sentenza impón unha visión uninacional de España, unha visión teolóxica e fundamentalista da nación española e da soberanía que nela se funda e, practicamente, deixa ao criterio do goberno centrla a interpretación de calquera a interpretación de calquera Lei ou norma estatutaria. Disolve de facto, pois,  as bases xurícia, política e moral do autogoberno das nacionalidades que, segundo o texto legal, compoñen o Estado. Aceptar esa sentenza significaba o suicidio para aqueles que difiren dese punto de vista, afirma Antón Baamonte no seu artigo “Consenso e imposición” publicado no último número da reivsta Tempos Novos.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros