Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 18 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A vida en imaxes


Juventino Trigo, Antonio Quintía e Justo Martínez

O pintor Antonio Quintía doa un cadro ao Concello de Fene. Trátase dun dos óleos que formou parte da exposición “A vida en imaxes” que o pintor ferrolán amosou na Casa da Cultura de Fene ao longo do mes de agosto.  A obra, entregada onte ao alcalde de Fene, Juventino Trigo, e ao concelleiro de Cultura, Justo Martínez, pasará a formar parte dos fondos do Concello de Fene e poderá exhibirse nas súas dependencias, en mostras itinerantes ou publicacións desta Administración local.

Sociedade12/09/2017Autor: Redacción

Antonio Quintía comezou no mundo da pintura da man da profesora de arte Begoña Gorostidi. Na actualidade é membro da Asociación Artística Mesturas.

Realizou exposicións individuais no Centro Comercial de Narón, no “Recrearte” de Cerdido, en Dolce Vita Odeón, na Casa de la Cultura de San Sadurniño, no Concello de Cerdido, no Pazo da Cultura de Narón, no Restaurante O Parrulo, Mesón Os Tres Pes en Castro, Concello de Ares, Centro Sociocomunitario de Fene, Casino Ferrolano, Biblioteca de Narón, Hotel Herbeira de Cedeira, Casa da Cultura de Valdoviño, Parrillada O Mercado, etc.

Tamén participou en diferentes exposición colectivas:  no Auditorio de Vilalba, con Mesturas, Casa das Palmeras de Neda, con Narart,  Museo da Policía de Narón, Pazo da Cultura de Narón, con Narart, nos locais sociais de San Xiao e Piñeiros, etc.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros