Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Para usar os teléfonos móbiles e falar de saúde e memoria


Escola dos avós foi outra actividade da área de Benestar Social do Concello de Fene

O manexo do teléfono móbil e o envellecemento activo e saudable son os temas elixidos pola Concellaría de Benestar e Servizos sociais de Fene para dous cursos acelerados que se van desenvolver a finais deste mes na aula de formación do Concello, na Avenida Naturais de Fene nº 44. Dous cursos gratuítos dirixidos ás persoas maiores que xa teñen aberto o prazo de inscrición e un número limitado de vacantes, que se cubrirán por orde de solicitude a través do correo servizos.sociais@fene.gal ou do teléfono 981 342 607.

Sociedade11/10/2017Autor: Redacción

A primeira das accións formativas está posta para o 26 de outubro entre as 17 e as 19.00h. coa denominación xenérica de "Merendas senior. Espazo de encontro saudable" que, máis ca un curso, será iso, unha merenda na que se falará de todo un pouco pero principalmente sobre a experiencia de facerse maior. A xubilación, os cambios físicos que se producen, a memoria, a  soidade e outros temas relacionados trataranse dun xeito distendido e aberto na compaña de profesionais, que achegarán o seu punto de vista e tamén recomendacións moi útiles para un envellecemento activo e saudable.

A actividade impartiraa a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos. Ofértanse 20 prazas -fará falla cubrir un mínimo de 10 para levala adiante- e non pretende quedar nun único encontro, senón converterse nunha reunión informal que se repita cada certo tempo sempre e cando a xente se anime e lle tire proveito a este tempo compartido. O último día para apuntarse é o 25 de outubro.

O outro curso desenvolverase o 27 de outubro entre as 11 e as 13.00h. e atenderá ao uso dos novos teléfonos e dispositivos móbiles intelixentes. Farase unha pequena introdución ás posibilidades e o manexo destes aparellos, a través dos que se pode falar, whatsappear e acceder a unha oferta case inesgotable de coñecemento, entretemento e servizos, moitos deles de grande utilidade para as persoas maiores.

Neste caso tamén hai 20 prazas dispoñibles e cumprirá xuntar alomenos 10 solicitudes. O obradoiro é gratuíto e será necesario levar o teléfono móbil. O parazo de inscrición finaliza o 26 de outubro.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros