Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Contra o acoso escolar


Titoria entre iguais no Colexio Os Casais de Maniños

O programa TEI "Titoría entre iguais" reduce nun sesenta por cento os casos de acoso escolar. Rapazada de quinto e sexto de primaria exercerán  a titoria dos rapaces e rapazas de terceiro. O respeto, a empatía e o compromiso son os piares básicos do seu desenvolvemento. O Colexio Os Casais de Maniños sumouse a este programa e celebrou ás doce da mañá o acto de entrega de diplomas da "Titoría entre iguais" que arrinca hoxe mesmo para mellorar a convivencia escolar e detectar posibles problemas de acoso. Un programa que despois continuará no IES de Fene. O seu coordenador é o mestre do centro, David Pérez.

Sociedade11/10/2017Autor: Redacción

Ao acto desta mañá asistiron a directora do IES de Fene e un representante da Garda Civil, así como numerosos pais e nais do alumnado protagonista que recibiu diplomas e carnets que os habilita como titores dos pequenos. O profesorado do centro protagoniza un vídeo no que convida e anima aos rapaces e rapazas a desenvolver este labor con responsabilidade. A titorización non só supón coidalos, tamén estar atentos e atentas aos posibles conflictos que xurdan, porque non sempre chegan ao profesorado.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros