Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Retoman a moción de censura a Trigo


Juventino Trigo

O PP e Somos Fene presentaron unha moción de censura ao goberno municipal de Fene, presidido por Juventino Trigo. A moción entrou no Rexistro municipal ás duas menos cinco da tarde de hoxe, despois de pasar o filtro da Secretaria. Solventadas as trabas legais que impediron a presentación da moción de censura no pasado mes de xuño, Somos Fene e o PP retoman a iniciativa que debe presentarse e votarse en pleno. Segundo a normativa legal, hai un marxe de dez días hábiles para a convocatoria da sesión extraordinaria na que se debata.

Sociedade11/10/2017Autor: Redacción

A tentativa do pasado mes de xuño non prosperou por problemas que a secretaría municipal puxo á adscripción dos concelleiros de Somos Fene. Na actualidade, dende hai uns dias, os edís, Xoan Manuel Rodriguez Bastida e César Castro volven contar cos seus dereitos plenos. Somos Fene insiste en calificar de "ilegal" o goberno de Juventino Trigo que os "utilizou para ser alcalde e os expulsou  do goberno local cando lle deu a gana" en palabras de Bastida.

Na anterior intentona, tamén estaba o PSOE que nesta ocasión non asina a moción. A suma de votos do Partido Popular e Somos Fene son suficientes para acadar a maioría necesaria e que prospere a moción. De ser así Fene cambiará de cor política na segunda metade do mandato. Un ano e medio por diante coa alcaldía nas mans de Gumersindo Galego e do Partido Popular.


Comentarios:
11/10/2017 - los mios al poder. Francisco (Soto)
Muchachos avante! orgullosos de ser españoles mañana 12 de octubre. Un radical menos.
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros