Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O empoderamento de Lila Downs


Foto da artista

Lila Downs actuarán no Auditorio de Ferrol o 25 de novembro, para presentar o seu último disco “Salón, lágrimas y deseo”. A súa música caracterízase pola multiculturalidade e unha mensaxe comprometida coa xustiza social. Non menos importante é a mensaxe que transmite nas súas letras, o empoderamento da muller en cancións como “Peligrosa”. Un compromiso que lle levou a ser a embaixadora de Amnistía Internacional contra os feminicidios en México.

Sociedade13/11/2017Autor: Redacción

A fusión de estilos musicais e o seu compromiso coa xustiza social e o empoderamento da muller, son dúas das características desta artista que será a primeira icona da música latina que actuará no Festival Son[s] de Ferrol, o próximo 25 de novembro.

Downs é filla dunha indíxena mixteca que con 15 anos se escapou do seu pobo para cantar nas cantinas de México. No seu último traballo “Salón, lágrimas y deseo” –o undécimo da súa carreira- reincorpora o bolero, sen esquecer outros estilos como o jazz, blues, soul, cumbia e incluso o rap. Unha mestura na que inclúe clásicos como “La mentira” ou “Piensa en mí”, cunha forza renovada.

Downs ten dado cunha fórmula infalible de ritmo, tradición e xustiza social da que poderán ser testemuñas os que acudan ao Auditorio de Ferrol o próximo 25 de novembro, ás 21.00h.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros