Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Onde tirar o que se enchufa


Ubicaranse contedores nas tendas especializadas

O concello de Fene é un dos 138 de Galicia elexidos para tomar parte na campaña " O que se enchufa, recíclase". Do 16 ao 21 deste mes, ubicarase unha mesa informativa na Praza do Ameneiral de Perlío.  Os establecementos de Fene que venden estes aparellos que se enchufan, disporán duns contedores para botalos neles, segundo informou Mariela Aguilar, como responsable de Medioambiente do concello de Fene.

Sociedade14/11/2017Autor: Redacción

¿Qué facer cando se estropea un aparato eléctrico? cousa que por certo ocurre con moita frecuencia, do tipo secador de pelo, a prancha, a tostadora de pan, a picadora de carne,e un longo etcétera? Dende agora non o titaremos ao lixo común. Os establecementos de Fene que venden estes aparellos que se enchufan, disporán duns contedores para botalos neles, segundo informou Mariela Aguilar, como responsable de Medioambiente do concello de Fene.

Fene é un dos concellos máis concienciados no que á reciclaxe se refire, segundo os datos aportados polas empresas encargadas da recollida de papel, vidro, voluminosos ou aceite. En aparellos eléctricos ou electrónicos Galiza recolleu no 2016, 14.000 toneladas, segundo os datos da Xunta de Galiza que é a promotora desta campaña á que destina 750.000 euros.


Mariela Aguilar
concelleira Medioambiente
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros