Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Partíulle a cabeza cunha taboa


A autora do libro

"As miñas fillas devolvéronme á vida". É o título do libro da lucense, Inés Fernández Lamela. Responde a que foi unha filla quen presentou a denuncia contra o seu pai que acababa de romperlle a cabeza á nai no garaxe. Preséntao a propia Inés no Casino de  Ferrol o mércores, dia 15 de novembro, nun acto organizado pola central Librera da rúa Dolores. Ela é unha víctima da violencia machista e relata neste libro o terror que sofríu cun home maltratador, durante moitos anos. Ao home que tentou matala, caéronlle 17 anos de cárcere. Cando cumpriu seis, no pasado mes de outubro, xa empezou a ter permisos. Afirma Inés na entrevista para Radio Fene que a Orde de protección non sirve de moito e que se precisa unha moita máis para sentirse segura. Máis cando o home ameazou, a ela e á filla que o denunciou, con que do cárcere se sae pero da morte non.

Sociedade14/11/2017Autor: Redacción

Inés tardou en darse conta de que era víctima da violencia de xénero mentres esta foi verbal. Os primeiros golpes despertárona. O seu psicólogo animouna a escribir a súa historia, como terapia e como exemplo. Desta experiencia falamos con Inés Fernández Lamela, nunha entrevista realizada no programa A Fenestra de Radio Fene.

 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros