Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A grafía da emoción


Pablo Bouza en Radio Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este xoves, 16 de novembro, a clausura do obradoiro de creación literaria e o recital “Voces do obradoiro de poesía: a grafía da emoción”. No decurso do acto, que comezará ás 18.30 horas, recitarán poemas os/as seus/súas participantes. Ademais, repartiranse exemplares da publicación “Voces do Obradoiro” cunha compilación dos poemas elaborados nas distintas sesións do taller. Un total de quince persoas veñen participando dende mediados do pasado mes de setembro no obradoiro de creación literaria “A grafía da emoción”, promovido en Fene pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), coa colaboración do Concello de Fene e o patrocinio da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Sociedade14/11/2017Autor: Redacción

Os/as participantes -que este xoves ademais serán os/as protagonistas do recital “Voces do obradoiro”- foron: Matilde Castro, Maribel Serantes, José Pita, Margarita Pérez, Mariola Hermida, Araceli Margareto, Candela Quintia, José Emilio Balado, Adelaida Abad, María Ortega, Mónica Cadavid, Xurxo Miguel Gago, Mª. Esther Val, Fina Díaz e Andrés C.M. Riveira.

“Estimular a sensibilidade poética, fomentar a creatividade literaria no ámbito da poesía e traballar a expresión escrita e oral en diversos soportes, amais de fomentar o gusto pola lectura poética e enfrontarse ao público”, foron os principais obxectivos desta actividade que dirixiu en Fene o poeta Pablo Bouza.

Ao acto de clausura da actividade, que terá lugar este xoves ás 18.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene, asistirán o alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura de Fene, Justo Martínez, a vicepresidenta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Mercedes Queixas, e o deputado provincial Xesús Manuel Soto.
 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros