Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 12 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Santa Baia, Olaia, Santalla, Santa Eulalia de Limodre


Igrexa parroquial de Limodre

Limodre - Fene- celebra as festas patronais na honra de Santa Olaia. Os actos celebraranse o domingo 10 de decembro. O cuarteto de gaitas Arela percorrerá a parroquia dende as 10 da mañá. As once e media celebrarase a misa solemne en honor á patroa. O paiaso Piruleta ofrecerá un espectáculo familiar de maxia e circo ás 18.00h. Cando cae a noite, a iso das 19,30h Limodre disfrutará dunha sesión de fogos de artificio. Santa Olaia de Limodre é a festa de patrón, neste caso de patroa, que cadra en pleno inverno, daí que non atopemos a típica verbena do verán galego pero, iso sí, a veciñanza celebra a festa nas súas casas como un auténtico patrón.

Sociedade05/12/2017Autor: Redacción

A igrexa de Santa Olaia de Limodre non debe confundirse coa de San Xosé. A da patrona é unha igrexa barroca, das típicas do século XVII. Non está á vista na estrada principal senón que hai que desviarse polo camiño do Campanario, aproximadamente un km, para dar con ela e co cemiterio parroquial.

Non é a única igrexa da zona nin de Galicia en honrar a Santa Eulalia, Olalla, Olaia, Santalla ou Santa Baia. Na zona topamos con Santa Olaia de Lubre ( Ares), Santa Olaia da Espenuca (Coirós), Santa Olaia de Liáns (Oleiros), Santa Olaia de Merille en Viveiro e Santa Olaia de Ladrido en Ortigueira. Quizás unha das máis famosas de Galicia sexa Santa Eulalia de Bóveda(Lugo) un santuario tardo-romano do século III, construido a 14 kilómetros da Antiga Lucus Augusti. Estaba adicado á deusa Cibeles e reconvertiuse ao culto cristián de Santa Eulalia. A santa mártir celébrase o 10 de decembro en multitude de localidades tamén de Portugal ou Francia.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros