Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 12 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Guirnaldas e arcos con tecnoloxia led


Fene: Iluminación de Nadal

88 arcos e guirnaldas iluminarán o Nadal de Fene desde este serán ata o día 7 de xaneiro. O prendido das luces que adornan as rúas da zona urbana -e tamén distintos puntos das parroquias- producirase ás 18.00h. Será o arranque oficial dunhas festas caracterizadas polas reunións familiares, os eventos culturais e deportivos e tamén polas compras masivas. O Concello destina cerca de 12.000 euros a este apartado co obxectivo de que o territorio se mostre vistoso e como un xeito de apoiar a hostalaría e o comercio local nunha época en que se concentra boa parte do seu negocio de todo o ano.

Sociedade05/12/2017Autor: Redacción

A instalación dos motivos luminosos do Nadal encargóuselle á empresa Cabliseña S.L., que xa ten colocados no seu sitio desde hai algúns días os arcos, as guirnaldas e outros dispositivos, todos eles con tecnoloxía led. A maior parte deles están no casco urbano dispostos sobre as principais rúas e avenidas, aínda que nalgúns puntos tamén se aproveitan farolas e árbores como soporte da ornamentación. É o caso, por exemplo, do parque da Praza Verde, do contorno da igrexa do Salvador ou da Avenida das Pías, onde se contan 18 luces de distintos tipos.


Marqués de Figueroa e Naturais de Fene, como principais eixos viarios e comerciais do municipio, dispoñen de 23 arcos luminosos, San Valentín conta con outros 8, na Rúa do Concello instaláronse 3 (ademais de decorar a fachada da casa consistorial) e entre Eduardo Neira, Antonia Montero, Olmeiros, a Avenida de Conces e a Estrada da Fraga suman outros 10.


O alumeado do Nadal tamén se estende fóra do centro urbano, colocado preto de locais sociais e en zonas das parroquias onde se dá a maior concentración de poboación. Así, en Maniños, Limodre, Barallobre, Sillobre e Magalofes puxéronse nos últimos días 26 arcos led, que elevan o total do territorio a 88 dispositivos instalados.


A Concellaría de Promoción económica e Turismo inviste un total de 11.839,85 euros, nos que se inclúe a montaxe e o mantemento das luces xunto co consumo eléctrico e as autorizacións para a conexión de todos os elementos á rede.


Para o alcalde, Juventino  Trigo, este investimento ten como finalidades principais. A primeira "que o municipio luza bonito nunhas datas tan especiais coma estas" e a segunda, e máis importante se cadra, que o alumeado "contribúa a crear un ambiente acolledor nas rúas que nos anime a saír, a disfrutar coas amizades e a facer as nosas compras sen necesidade de marchar a outros lugares". neste sentido o rexedor local animou a apoiar a economía local que representa o pequeno comercio e a hostalaría. "En Fene temos de todo con bo servizo, calidade e a prezos tan competitivos coma en calquera sitio. ¿Para que ir buscar lonxe o que podemos atopar ao pé da casa?."


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros