Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 12 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Fun a fonte beber auga


Sillobre. 2014. Fotografía: Juan Antonio Garrido.

Fun á fonte beber auga, topei un ramiño verde, quen o perdeu tiña amores, quen o atopou tiña sede. A canción tradicional da música galega está de actualidade por mór da prolongada seca que acendeu todas as alarmas nas empresas de suministro de augas das grandes cidades. 

Sociedade07/12/2017Autor: Redacción

A asociación ecoloxista Adega demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións. Estas medidas deben complementarse cunha aposta decidida pola educación ambiental para mudarmos progresivamente o actual paradigma consumista, tendo en conta a cada vez máis escasa dispoñibilidade do recurso no marco de cambio climático.

A auga é un recurso limitado e esencial para a conservación da biodiversidade, dos ecosistemas naturais, das paisaxes e do equilibrio ecolóxico. Compre rematar co seu desbaldimento e xestionala como o que é: un ben escaso sen o que non poden vivir nen os seres humanos nen a natureza.
No actual marco de cambio climático, as medidas urxentes de loita contra a seca poden solucionar puntualmente a emerxencia, mais non o problema de fondo. Debemos actuar con visión de futuro por unha Nova Cultura da Auga, algo que no noso país aínda non ten calado na cidadanía nen por suposto na clase política.

Agora diante desta situación de seca, ADEGA demanda da Xunta de Galiza e administracións locais algo máis que medidas urxentes e parcheos en forma de transvases e novas captacións. Estas medidas son só unha fuxida cara adiante que poden servir para aliviar temporalmente o problema, á espera da choiva. Compren xa que logo medidas estruturais que garantan unha xestión sustentábel da auga. Programas a medio-longo prazo que permitan reducir o actual abuso no consumo da auga e diminuir a contaminación, especialmente a derivada dos usos humanos.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros