Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 12 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O Slalom Nocturno ultima a súa preparación


Fátima Ameneiro e Edgar Vigo en Motril

A décimo terceira edición do Slalom Nocturno Scratch Fene correráse este sábado no polígono de Vilar do Colo. A saida do primeiro participante na primeira manga oficial terá lugar ás seis e media da tarde. Os adestramentos comenzarán ás doce e media da mañá. Este ano a Escudería tamén organiza unha Feira do Vehículo de Ocasión na mesma zona de Vilar do Colo. As nove e media da mañá comezarán as verificacións administrativas e técnicas e ás doce do mediodia publicaráse a lista dos vehciulos autorizados a tomar a saída.

Deportes07/12/2017Autor: Redacción

A Escudería Scratch Fene está tamén de actualidade, xa que Fátima Ameneiro confirmou o seu título como mellor copiloto entre os vehículos históricos.

O pasado fin de semana celebrouse na localidade granadina de Motril a 1ª edición do Rallye de Terra Costa Tropical. Esta proba, valedeira para o Campionato de España de Rallyes de Terra (CERT) supuxo a última proba do calendario estatal. Á proba inscribíanse tan só 34 equipos, unha vez que os distintos campionatos xa foron sentenciados nas probas precedentes.

No caso da deportista de Scratch Fene, Fátima Ameneiro, a noticia volve ser a súa valentía e decoro tras completar todas as probas nas que competiu en 2017, novamente embarazada. O que no Rallye de Ciutat de Cervera eran unhas molestias enormes que se pensaba podían derivarse da súa maternidade do mes de maio, traduciuse na fenomenal noticia de ser o comezo dun novo proceso de xestación e a pesar diso, Fátima decidiu completar a tempada. A satisfacción foi plena, tendo en conta que alcanzou un novo éxito estatal coa consecución do premio á mellor copiloto de vehículos históricos do CERT.

"Nalgúns momentos paseino mal xa que o embarazo provócame situacións ás que non estou afeita e que grazas á paciencia de Édgar puiden afrontar. Nalgún momentos, previos aos tramos, perdía a concentración, pero aínda así Édgar confiou en min e logramos acabar todas as probas nas que participei e con vitoria. Agora espérame un descanso, polo menos, ata metade da tempada próxima, pero estou moi contenta do conseguido e de demostrar que as mulleres embarazadas non somos unha carga para a realización de calquera actividade senón que podemos facelas con éxito" salienta Fátima.


"Estamos moi contentos e aínda que a responsabilidade de pilotar sendo 3 no coche é grande, tamén o é ao ir nós 2 e estamos convencidos de que no noso deporte, aínda que poden vivirse situacións perigosas, os esforzos feitos en seguridade permiten que podamos competir con garantías dun elevado nivel de seguridade" suliña Édgar.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros