Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 12 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Maruxa Mallo, muller transgresora


A Coruña. Fantoches Baj

Case no remate deste 2017 en que Maruxa Mallo foi a protagonista do Día das Artes Galegas, a montaxe da compañía Fantoches Baj arredor da artista chega ao Teatro Colón. A área de Cultura da Deputación da Coruña programa este venres, 8 de decembro, ás 20.30 horas o espectáculo “Mensaxe do Mar”.

Sociedade07/12/2017Autor: Redacción

O espectáculo “Mensaxe do Mar” da compañía Fantoches Baj trátase dunha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán tamén os seus amigos poetas, Federico García Lorca e Pablo Neruda, que axudarán a visualizar as múltiples facetas da artista.

A actriz Tero Rodríguez dá vida á pintora Maruxa Mallo nun escenario en que estará acompañada de Benxamín Otero no papel de Federico García Lorca e Inacio Vilariño no de Pablo Neruda. O propio Inacio Vilariño está a cargo da dirección do espectáculo.

De maneira especial, a obra centrarase na figura da pintora, ao trazar un percorrido visual pola súa obra desde as “Verbenas” ata as “Naturezas Vivas”, pasando polas series “Cloacas e Campanarios” e a “Relixión do traballo”, amosando ao espectador exemplos destas series tanto en reproducións físicas como en diapositivas.

Tamén recreará o espectáculo esa cara de Maruxa Mallo menos coñecida que é a de escritora comprometida coa arte e coa política. No espectáculo utilízanse textos do seu ensaio “Do popular na plástica española a través da miña obra” nos que describe con precisión as diferentes series da súa pintura pero tamén os textos publicados na prensa da época nos que denuncia a represión franquista.

Lorca e Neruda, os outros protagonistas da peza, axudarannos a entender a importancia de Maruxa Mallo como inspiradora, coa súa actitude e coa súa obra, da poesía destes e doutros poetas que se mencionan.

Finalmente, a obra reparará na muller transgresora que foi Maruxa Mallo, un ser independente por natureza e convicción, “que nunca se casou con ninguén, nin marido, nin ismo, nin partido. Recuperamos moitas das súas anécdotas máis significativas que dan noción da súa liberdade”, din desde a compañía.

A obra chegará ao Teatro Colón o venres, 8 de decembro de 2017 ás 20.30 horas. A entrada é de balde, previa retirada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro Colón.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros