Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O Grândola estreouse en Compostela


Zeca Afonso

Nace na Galiza a Associaçom José Afonso para divulgar o seu legado reivindicativo que transcende as fronteiras do tempo. A Associaçom José Afonso - Galiza inicia a súa traxectoria para dar a coñecer o labor deste artista que contribuíu a popularizar reivindicacións políticas e sociais coa súa música e acadou sona mundial con mensaxes que transcenden a fronteira do tempo. Esta asociación, conformada como un núcleo da AJA-Portugal, ten previsto un completo programa de actividades para o sábado 27 de xaneiro en Santiago de Compostela que inclúe unha palestra, unha exposición e un concerto homenaxe onde actuarán artistas con ligazón ao Zeca Afonso.

Sociedade11/01/2018Autor: Redacción

José Afonso teceu unha forte relación con Galiza, tanto nos seus concertos no noso país e nas amizades que cultivou, como na comprensión do feito popular e nacional galego. Foi el quen dixo para os seus compatriotas «a Galiza não fica no Minho!». O recoñecemento da situación política non foi o único que levou da Galiza José Afonso, que estendeu as raíces musicais populares na base dos seus traballos musicais en Portugal. Di a memoria colectiva que foi nun concerto multitudinario de 10 de maio de 1972 no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela, cando se interpretou por vez primeira Grândola, vila morena, a canción que o MFA usou, improvisadamente, como sinal para confirmar a súa Revolución en abril de 1974.

Nin a presión da ditadura de Salazar en Portugal contra un dos seus cantores máis populares, coa policía política a prohibir concertos e recitais e mesmo a deter o músico en diversas ocasións, nin a equivalente presión do fascismo español contra a música de protesta galega, con resultados semellantes, puideron impedir que a música de intervención se recoñecese polo mundo adiante.

En 1977 celebrouse o Festival dos Pobos Ibéricos na Coruña, organizado entre outros por Xico de Cariño, coa participación do Zeca Afonso, onde volveu en 1984. En 1981, José Afonso cantou no Auditorio de Castrelos de Vigo, onde catro anos despois, Benedito e outros músicos organizaron a maior homenaxe á figura do seu amigo: o 31 de agosto de 1985, 20.000 persoas ocuparon de novo aquel auditorio durante máis de 12 horas continuadas para acompañar decenas de músicos, poetas e escritoras, nun tributo a un Zeca gravemente enfermo.

A morte de José Afonso en 1987 tampouco derrubou as pontes sobre o Miño, pois as homenaxes ao Zeca continuaron cos Cantos na Maré, o Ponte… nas Ondas! e, agora, as actividades da AJA-Galiza contribuirán á herdanza desa universalidade que o Zeca sementou.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros