Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Por qué non unha final galega?


O Aldebarán alzando a copa no 2016

Unha expedición de 60 persoas animará ao Aldebarán na disputa da Copa Príncipe de volei. O pavillón Europa de Leganés acollerá esta fin de semana o choque que enfrentará aos dous primeiros equipos dos dous grupos ligueiros da SM2. Será a terceira oportunidade para o Aldebarán Intasa de conseguir un trofeo co que xa se fixo en 2016 actuando como anfitrión. O ano pasado non puido ser e agora o equipo emprende viaxe a Madrid cargado de forza e co apoio incondicional da afección. Un total de 61 persoas acompañarán á escuadra de Charly Suárez no torneo por KO que, se houbera sorte, podería ter final galega.

Sociedade12/01/2018Autor: Redacción

Ademais do Aldebarán, esta XI Copa Príncipe tamén a xogarán o Leganés, o Emevé Lugo e o Podes i Tales de Manacor. Os cruzamentos separaron aos dous equipos galegos que encabezan o grupo A da SM2. O Emevé xogará a primeira semifinal o sábado ás 16.30h. contra os de Manacor e o Intasa verase na segunda eliminatoria co Leganés a iso das 19.00h. A final está prevista para o domingo a partir das 12.30h.

Tal e como explica Uxío García, o equipo estará en Leganés "ao 120%" malia as baixas de Carlos Galego por lesión e de David Domenech por motivos laborais. O primeiro reto é gañar a  semifinal contra os anfitrións. "Afrontamos a copa con moita ilusión e confiamos en superar ao Leganés, algo que nos inxectaría moito ánimo para a final do domingo".

García é prudente e non adianta acontecementos, pero ve como unha posibilidade "moi factible" que o Aldebarán se mida co seu máximo rival no derbi galego. "Ao Emevé xa o coñecemos e sabemos que podemos gañarlle. Gustaríanos que o domingo se xogase en Madrid unha final galega", comenta o capitán do Intasa.

Na loita pola copa o equipo local non estará só. Hai uns días lanzou unha convocatoria para armar unha expedición de seareiros e seareiras que, finalmente, logrou reunir ata o momento 61 persoas. 37 delas viaxan no autobús posto polo club e outras 24 desprazaranse en medios propios. "Cunha afección coma esta o menos que podemos facer é dar todo o que poidamos para traer con nós a copa".


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros