Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 23 de Maio de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O xogo dos cabos


Radio Fene: Antón Cortizas

O xogo dos cabos ou os cabiños. Xogan dous xogadores, fronte a fronte, coa man dereita agochada detrás do lombo. Podemos sacar a man en forma de pedra, papel ou tesoura. Antigamente xogábanse os cabos dos fíos, e daí o nome do xogo, segundo explica o mestre Antón Cortizas no programa radiofónico Chirlosmirlos.

Sociedade13/02/2018Autor: Redacción

Os dous teñen que sacar a man ao mesmo tempo. O papel gaña á pedra. Se un saca a pedra gaña ao que saca a tesoura. Pero a tesoura gañalle ao papel porque o corta. Cada posición, gaña unha vez, pero todas perden nalgún caso. Se os dous xogadores botan a man na mesma posición, non valería. Antón Cortizas fálanos neste programa de Chirlosmirlos, tamén do xogo de dentro e fora e do xogo de agarrar o naris.

 

Chirlosmirlos e Tastarabás

Antón Cortizas comezou na década dos anos 70 do século XX a describir os xogos da rapazada nas rúas e campos de Canido en Ferrol. En 1996 sistematizou ese traballo para realizar durante dous anos o programa de radio Chirlosmirlos en Radio Fene. Edicións Xerais publicou Chirlosmirlos, enciclopedia dos xogos populares de Galicia en 2001. En 2011 saiu do prelo unha segunda parte, chamada Tastarabás.  Intenta recuperar a cultura do xogo e o pracer de xogar.

 

 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros