Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A verbena do mércores cambia para o martes


O alcalde de Fene Juventino Trigo e o concelleiro de Cultura Justo Martínez

A orquestra New York arrufará a partir das nove desta noite a verbena do Entroido na Praza Alcalde Ramón Souto de Fene, segundo confirmou o concelleiro de Cultura Justo Martínez. Unha carpa xa se instalou no citado recinto para protexer aos entroideiros das inclemencias meteorolóxicas.

Sociedade13/02/2018Autor: Redacción

As comparsas sairán ás seis da tarde do mércores de Perlío (cruce coa rúa da Xunqueira), percorrendo a Avda. Marques de Figueroa, Avda. Naturais de Fene e Avda. do Concello. O desfile finalizará na Praza do alcalde Ramón Souto González onde terá lugar, coa viúva de sempre, a actuación das comparsas. Segundo informan dende o Departamento de Cultura do Concello de Fene, en caso de chuvia, podería suspenderse o percorrido das comparsas polo centro de Fene, non o festival que terá lugar, como estaba previsto, na antiga praza do Concello e baixo carpa. A posible suspensión do desfile anunciarase na páxina web fene.gal a partir das 14.00 horas do mércores 14 de febreiro.
Rematado o festival de comparsas, no que actuarán oito das catorce agrupacións que se inscribiron para o desfile, darase paso á lectura do testamento e á posterior queima do Antón co espectáculo pirotécnico que porá o broche final a estas festas no Concello de Fene.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros