Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Tapeando Cabanas 2018


O Aturuxo foi o gañador en Fene o ano pasado

Concello de Cabanas, a través da Concellería  de Turismo, e hostalería volven a unirse un ano máis na promoción dos establecementos locais coa organización dunha nova edición do certame  gastronómico “Tapeando Cabanas”. Arrancará este venres, 16 de marzo, e  continuará sábado e domingo. Fará un pequeno parón durante a semana e  regresará ó seguinte venres, 23, así como o sábado 24 e domingo 25 de marzo. Nesas datas, dez establecementos hostaleiros de Cabanas ofrecerán as súas  mellores propostas culinarias. Poderán saborearse ó prezo de 1,50 euros en horario  de cociña.

Sociedade12/03/2018Autor: Redacción

A Estrela do Eume propón a tapa denominada “Chámame galega...”, unha hamburguesa 100% da terra con carne de vaca rechea de grelos e castañas con queixo do país sobre picada de chourizo; A Lareira participará cunha orprendente xelatina de leite de coco; o Ambigú da CCRD San Martiño do Porto aposta por unhas apetitosas boliñas de mexilón con patacas estilo Sanmartín e salsa picante; BK trae un orixinal timbal de lascas de bacallau con pisto templado acompañado de langostino e ali oli de allos tenros; Casa Campos ofrecerá unha deliciosa brocheta caseira con queixo, anchoas, aceitunas e tomates; La Encina aposta por unha tosta chea de sabor con pimento; La Solana intentará repetir o seu trunfo na pasada edición cunha riquísima tosta de chipirón con cebola caramelizada e tomate concasse; O Mesón deleitará ós seus clientes cunha filloa con grelos e gambas; Taberna Frayán ideou un peixe bañado en salsa agridoce acompañado de cortes de Allium cepa e Solanum, e
Yellow servirá unha apetitosa cunca de bacallau coas súas verduriñas.

Así mesmo, aqueles que o desexen tamén poderán participar no sorteo de agasallos, selando unha tarxeta que se facilitará nos locais  participantes. Ademais, todo o mundo que complete o percorrido polos dez  negocios participantes entrará a formar parte dun segundo sorteo con premios  como estancias en balnearios.

Un ano máis, os clientes tamén poderán votar pola súa tapa favorita. Do reconto  dos seus votos sairá o local coa mellor proposta deste 2018, un título que o ano  pasado recaeu no restaurante La Solana.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros