Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Sete contra sete


O equipo no Pote

A cicloxénese afectou ao Maniños feminino da Liga de futbol 8 que se viron obrigadas a cambiar o encontro do sábado para o domingo pola mañá. Pasou que o Racing de Ferrol se presentou con sete xogadoras. E aquí ven a polémica que o técnico do Maniños quere aclarar, despois de ter recibido moitas críticas, segundo el mesmo recoñece. Fernando Aneiros propuxolle ao árbitro xogar tamén con sete xogadoras para facelo en igualdade de condicións. Sabe que noutras ocasións se fixo así, pero o árbitro non o consentiu, a pesar da insistencia do técnico do Pote. O resultado foi un Maniños 5- Racing 0. O encontro veuse interrumpido uns minutos a causa do temporal que facía imposible o xogo. Os goles do Maniños foron obra de Uxía, Coral - de penalti- Lucía, Carmen e Rebe.

Sociedade13/03/2018Autor: Redacción

O próximo rival do Maniños feminino será O Val B a quen visitan o sabado 17 ás 18:15 ou 18:30 horas, falta por determinar a hora esacta. Segundo Fernando Aneiros, será un choque difícil, contra un bo equipo que cambiou recentemente de entrenador.


Fernando Aneiros
Técnico do Maniños feminino
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros