Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Paula Carballeira coa Real Filaharmonía


Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de Primaria. O primeiro hoxe e o segundo o mércores 14, tamén ás 11:00 horas. Ámbalas dúas citas terán lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. A batuta levaraa o director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. A actriz, escritora e contacontos Paula Carballeira acompañará aos músicos na narración da historia "O carnaval dos animais". O concerto artéllase dende o texto, que fai de fío condutor das interpretacións de cada número musical e das intervencións da narradora. Ademais, contarase coa participación de bailaríns do Espazo de Danza da Universidade de Santiago.

Sociedade13/03/2018Autor: Redacción

Os escolares participantes nesta iniciativa terán a oportunidade de gozar con O carnaval dos animais, que o compositor Camille Saint-Saëns escribiu en 1886 como un divertimento para un día de entroido e interpretouse para un restrinxido grupo de amigos. O autor prohibiu que se tocase en público, por medo a que puidese prexudicar a súa reputación como compositor serio, aínda que unha cláusula no seu testamento permitirá que sexa representada despois da súa morte. E, malia ser pouco ambiciosa, converteuse nunha das súas obras máis populares.

Trátase dunha obra instrumental moi divertida e con toques de bo humor, na que o autor quixo que aparecesen moitos animais: leóns, elefantes, galiñas e galos, tartarugas, canguros, mulas e asnos, cisnes, peixes e paxaros. Cada animal ten asignado un instrumento musical. Os animais son así obxecto dunha serie de afectuosos retratos realizados cunha variedade de recursos e enxeñosos procedementos musicais, que converten a composición nunha peza de gran valor pedagóxico.



Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros