Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A filla de Antonia a Lupa


Mª Luz Merlán Rey

Piana Cordal, Antonia a Lupa, Josefa a Milixa ou Maruja a Gorriona, Evangelia de Buyo; Pepita Landeira, Pepita de Novo, Maruja a Trinqueta...e moitas máis de Orra... Son algunhas das mulleres duras e rexas, as lavandeiras de Sillobre. A Mª Luz Merlán gostaríalle ver unha escultura que recordase a esta mulleres que dende finais do XIX e durante a primeira metade do século XX lavaron a roupa das familias ferrolás, a man e en condicións nada favorables, para manter a casa e a familia. Lavaron para as familias de Ferrol; Cenalmor, Lago y Lago, Rafael y Vicente, Cela, Rosa Azul e moitas máis da contorna da Praza de Amboaxe.

Sociedade13/03/2018Autor: Redacción

Mª Luz Merlán é filla e irmá de lavandeiras e ela mesma lavou, pero xa en tempos máis doados. Lavaban nos numerosos lavadoiros que había en Sillobre, ben particulares, ben compartidos. Como testemuña directa que é, cóntanos hoxe os seus recordos das lavandeiras de Sillobre, Mª Luz Merlán Rey, nacida nesta parroquia de Fene.


Mª Luz Merlán
filla de lavandeira
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros