Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Salón de actos Concepción Arenal


Concepción Arenal ten unha estatua en Ferrol

A Universidade da Coruña continúa mañá, mércores, 14 de marzo, coa conmemoración do Día Internacional das Mulleres que, neste ano, quere centrar especialmente na figura de Concepción Arenal a quen se lle dedicará o salón de actos do Campus de Ferrol que pasará a denominarse salón de actos Concepción Arenal, nun acto presidido polo reitor, Julio Abalde, ás 12:00 horas.

Sociedade13/03/2018Autor: Redacción

A continuación haberá unha conferencia sobre Concepción Arenal a cargo de María Luisa Maillard, presidenta da Asociación Matritense de Mujeres Universitarias e directora de Eila Editores. Sucederalle unha lectura teatralizada da correspondencia entre Concepción Arenal e Juana de Vega. A entrega dos premios do 5º certame fotográfico Rosalind Franklin: as mulleres na ciencia e na tecnoloxía, pechará os actos institucionais organizados pola Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros