O nacionalismo galego é un enfermo cunha sorprendente saúde de ferro, segundo o historiador e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Manuel Núñez Seixas. Tras cinco anos de estadía en Munich e recén reincorporado ao seu posto, o profesor advirte do risco de que Galicia quede fora da solución da cuestión territorial.
Nunha entrevista na revista Tempos Novos, Núñez indica que “a fragmentación do nacionalismo condenao a unha subrepresentación política. Que Beiras no 2012 pactase con forzas da esquerda estatal abríu sen dúbida o xogo; máis non sei se está a callar unha nova cultura política máis ou menos híbrida. En partes desa esquerda e da nova (Podemos) seguen coas vellas teimas: contra o galego, sen ir máis lonxe" conclue.