Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Rodaxe dunha película no cine Adriano


Barallobre. Cine Adriano

A basca Jaione Camborda dirixe a película Arima que este luns e martes roda parte das súas escenas no interior do cine Adriano de Barallobre en Fene. O produtor é Alfonso Zarauza encargandose da dirección de fotografía Alberte Branco. O equipo técnico xa acondicionou a pasada semana o patio de butacas. O concello de Fene colabora coa iniciativa e facilita mobiliario urbano e o apoio de Policía local para cortes de tráfico puntuais na entrada do cine en certos momentos da rodaxe.

Sociedade15/04/2018Autor: Redacción

Arima describe a vida de seis mulleres que se ve alterada coa chegada de dúas figuras masculinas antagónicas. Esta película xoga coas liñas difusas entre o que é real e o que é imaxinario. As súas atmosferas evocadoras e suxestivas, envolven toda a armazón de relacións entre os protagonistas. En Arima nunca tes a certeza de que se cometeron os asasinatos que se insinúan.
Esta película xurdiu como proxecto de fin de carreira de Jaione Camborda en Berlin. Á cineasta non lle convenceron ningún dos guións dos que dispuña, así que decidiu crear o seu propio que, tempo despois, retomaría en Galicia para terminalo. Arima é unha produción de Esnatu Zinema e conta cun equipo técnico completamente galego. Esta película contará coas actuacións de Nerea Barros, Melania Cruz, Marta Larralde, María Bouzas e María Vázquez.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros