Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Lualé 114 co fútbol de Fene


Lualé 114

Lualé 114 sortea un vale de artigos deportivos de 75 euros entre as persoas seguidoras do fútbol de Fene.
¿Cómo participar?

1.    Ser seguidor da páxina Fenestra Radiofene
2.    Compartir ou comentar os videos de fútbol de Fene que todas as semanas se suben á paxina Fenestra Radiofene. Prazo ata o 6 de maio

Consulta as bases legais aquí:

Deportes16/04/2018Autor: Redacción

BASES DO CONCURSO “LUALE 114”

1.- Compañía organizadora

A empresa Lualé 114 con domicilio social en  Avenida Naturais de Fene,33-35, 15500 Fene (A Coruña) Teléfono 981 111150  e con CIF 32.627.935 C,  organiza un CONCURSO denominado LUALE 114

2.- Desvinculación con respecto a Facebook

Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está a proporcionar a súa información a empresa Lualé 114 e non a Facebook. A información que proporcione utilizarase unicamente para xestionar a participación do concursante, realizar o sorteo e comunicarlle o premio á persoa agraciada. Despois borraránse os datos facilitados polos usuarios.

3.- Obxecto e mecánica do concurso.

O concurso realizaráse entre as persoas seguidoras da páxina de Facebook Fenestra Radiofene e que comenten ou compartan os videos de fútbol de Fene subidos á citada páxina. .



A participación no Concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as participacións, de forma que o participante cede a Lualé 114 os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puidesen corresponderlle ou derivar do premio obtido  no Concurso.

4.- Duración e Ámbito

O concurso prolongaráse entre o 13 de abril e o 6 de maio de 2018.


5.-Requisitos para participar

Poderán participar na Promoción:

Todas as persoas físicas maiores de 18 anos que conten cun perfil de usuario real en Facebook,  sexan seguidoras da páxina oficial de Facebook Fenestra Radiofene, e comenten ou compartan os videos de fútbol de Fene.

Non poderán participar:

Empregados de Lualé 114 e de Radio Fene e perfís fraudulentos

6.- Selección do gañador/ gañadores, suplentes, comunicación e entrega

Mediante sorteo entre as persoas que compartan os videos de fútbol de Fene no periodo sinalado, seleccionaráse unha persoa que gañará un vale de compra de 75 euros canxeable en Lualé 114.

Se non se logra contactar co gañador nun prazo de 10 dias desde o primeiro intento de contacto, ou este renunciase ao premio, procederase a seleccionar un novo gañador, perdendo o anterior gañador o seu dereito a reclamar o premio.

Así mesmo, comunicarase o nome do gañador na fan page de Facebook de Fenestra radiofene e de Lualé 114 , unha vez finalizada a promoción e durante as 48 horas seguintes.

A persoa gañadora poderá canxear o vale comprando o producto que desexe nas instalacións de Lualé 114 en Fene.

Se elexira un produto dun valor inferior aos 75 euros, Lualé 114 farálle un novo vale polo valor dos cartos non gastados.
Se elexira un produto dun valor superior aos 75 euros, a persoa gañadora deberá complementar o vale con diñeiro en efectivo ata cubrir o prezo total do produto escollido.



Lualé 114 resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.

Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorrer algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o goce do premio.

9.- Protección de datos

Os datos fornecidos polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo Lualé 114  titular e responsable do devandito ficheiro, con domicilio social en Avenida Naturais de Fene, Fene (A Coruña) cuxa finalidade única será a xestión do presente sorteo.

Lualé 114 garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no presente CONCURSO, en especial polo que se refire a a atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.

10.- Aceptación das bases.

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, Lualé 114 quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída co citado participante.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros