Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Aprobadas as adicacións exclusivas


Fene. Pleno do Concello. 16 de abril de 2018

O novo organigrama do concello de Fene, as novas responsabilidades políticas e a cantidade a cobrar polos concelleiros que terán adicación exclusiva quedou aprobado no pleno celebrado esta mañá. Todos os asuntos prosperaron coa suma dos votos do PP e Somos Fene, e co apoio nalgún deles do PSOE. O BNG e EU, ou votaron en contra ou se abstiveron. O BNG xustificou o voto contrario á urxencia do pleno por terse convocado sen informar antes á oposición e por non ter consensuado os cambios propostos nas comisións. O asunto máis controvertido da sesión foi o reparto das duas adicacións exclusivas, a do Alcalde Gumersindo Galego e a do concelleiro de Somos Fene, César Castro. 41.405 € brutos anuais cobrará o primeiro e 26.701, o segundo.

Sociedade16/04/2018Autor: Redacción

O artigo publicado nun xornal onte domingo onde o ex alcalde, Juventino Trigo, afirma que Galego vai cobrar o doble que el, suscitou un debate importante. A acusación de que a adicación exclusiva do edil de Somos Fene é o "pago pola moción de censura" botou máis gasolina ao lume. Os nacionalistas censuraron que Galego cobrará "o doble e non asume ningunha competencia máis alá da coordenación do goberno, mentres que Trigo era tamén responsable da área de Facenda, Patrimonio e Promoción Económica" puntualizan desde o Bloque. O BNG recorda que a demanda de adicación exclusiva para Somos Fene foi unha das razóns da ruptura do acordo de goberno tripartito.

Puxo serenidade o portavoz do PSOE, Antón Noceda, facendo historia das dedicación exclusivas desde o  2007 para demostrar que a cantidade é a mesma, que o reparto fáino o goberno de turno como considere oportuno e que a cantidade aprobada hoxe non varía nada. "Aos veciños cústalles o mesmo" sentenciou Noceda.

O alcalde Gumersindo Galego pediulle a Trigo que tivese "decencia" e reprochoulle que era moi "rastreiro" dicir o que dixo no periódico. Galego espetoulle que se el cobrara o 41% do salario para repartir o resto cos outros concelleiros era porque lle conviña manter aberta a súa empresa en Perlío. Galego declarouse " colexiado non exercente" e ofreceulle a Trigo unha autorización para acudir a Facenda e comprobar os seus datos.
Neste punto, o portavoz socialista propuxo, para evitar estas acusacións mútuas, facer un acordo entre todos os grupos da corporación que aclare para sempre este asunto das percepcións económicas.

O pleno rematou coa designación dos representantes municipais nos órganos colexiados. Entre os cambios están o representante na Mancomunidade de Municipios que será agora Gumersindo Galego, Xosé Manuel Rodríguez Bastida representará a Fene na área de Sanidade e Rocío Bértoa no ente de  Vilar do Colo.


Rodríguez Bastida
de Somos Fene
Antón Noceda
do PSOE
Comentarios:
16/04/2018 - Transfuga comprado. Rasputin (Os Pinares)
O nugallán de Cesar Castro xa ten prezo 26.700 €. Por si alguén non o sabía ese é o prezo dos mareados en Fene por cambiar de chaqueta.
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros