Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 14 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O outro lado do muro


Pampliega. IES Fene

O fotoxornalista madrileño, Antonio Pampliega, empeñouse en amosarnos onte no IES de Fene o "outro lado do muro" a través dos seus traballos audiovisuais en numerosos conflictos, dende Siria, onde estivo secuestrado por Al Qaeda durante 299 días, ata o Congo, pasando por Afganistán. Non falou do secuestro porque xa está contado no libro "En la oscuridad", un relato feito dende o sosiego, segundo confesou a Radio Fene. "Xogámonos a vida por eles (os sirios) e por vos, para que esteades ben informados e non vos enganen" Esta foi unha das frases máis repetidas onte en Barallobre por Pampliega, quen amosou imaxes dun dia en Alepo, afirmando que " nos hospitais é onde mellor se ven as consecuencias da guerra". Seguro que unha das imaxes e frases que máis impactaron ao alumnado de bacherelato do IES de Fene foi que " nas guerras hai críos como vos aos que lles gusta Messi e xogar á play como a vos, pero a vida situounos aí".

Sociedade16/05/2018Autor: Redacción

Pampliega amosou cidades destrozadas onde vivían 250.000 persoas e hoxe quedan 15.000; a alegría dos nenos e nenas retornando a unha escola en ruínas despois de meses sen poder estudar. Explicou Antonio Pampliega, sempre a tarvés de imaxes, a fame en Somalia; o petróleo en Sudán, as violacións ás mulleres no Congo, en fín, como o ser humano se acostuma á morte.

A última parte da súa intervención adicouna aos refuxiados que empezaron a chegar en 2015. "Non fagades caso á extrema dereita cando vos dín que veñen a quitarnos o traballo ou que son terroristas" .  Ver a foto do pequeno Aylán morto na praia, sen pixelar, siguenos petando na conciencia.

O mellor de todo é que, preguntado por que medios lle compran eses reportaxes, Pampliega recoñece que en España non os queren. O que da boa conta do que non se conta ou non se quere contar.


Antonio Pampliega
fala das guerras
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros