Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 14 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O Museo do Humor terá o seu día


Museo do Humor. Fene

Fene celebra o Día dos Museos cunha visita á mostra Retrospectiva, guiada por Beatriz Seijo, e o monólogo “Anecdoloxía” de Oswaldo Digon. Os actos terán lugar este venres na Casa da Cultura e no Museo do Humor. Dúas propostas de primeiro nivel para a tarde do venres.

Sociedade16/05/2018Autor: Redacción

O Concello de Fene celebra este ano o Día Internacional dos Museos por partida doble. Segundo explica a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, será este venres, coincidindo coa efeméride. Na Casa da Cultura, ás 18:00
horas está prevista unha visita á exposición “Retrospectiva”, guiada pola propia pintora Beatriz Seijo. A participación é libre, sen necesidade de inscrición previa. Así mesmo, no Museo do Humor, ás 20 horas, dará comezo “Anécdoloxía”, un onólogo do cómico Oswaldo Digon, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Respecto á visita guiada, está pensada como un espazo para que público e artista ompartan, a modo de tertulia-coloquio, a súa visión sobre a mostra Retrospectiva”, que recolle unha ampla selección de obras da súa última década de traballo. Como temas a tratar estarán o museo e a imaxe mental que cada un se fai do mesmo: o modo no que se imaxina, recorda ou desexa. Unha ocasión única para facer partícipe ó público en xeral sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Ó marxe deste convite especial á mostra, Retrospectiva” pode visitarse ata o 31 de maio, de luns a venres de 10 a 13 h e de 16 a 21 h, e os sábados de 10 a 13 h.

Oswaldo Digon presentará ás 20 horas “Anecdoloxía”, un monólogo que, segundo a súa propia definición, é un rexistro das crónicas que ten escoitado, vivido ou lido mentres agardaba no aeroporto, viaxando en tren ou simplemente sentado nalgunha cafetería. Todas elas, cunha base real e unha gran dose de comedia. Está recomendada para público adulto e forma parte do programa "Cultura no Camiño”.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros