Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 23 de Maio de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Os riscos de Internet


Desenrédate

O Concello de Fene promove nos centros escolares, uns obradoiros de prevención de Adiccións e bo uso das TICs. Levaranse a cabo no IES Fene, Colexio Jorge Juan e CPI A Xunqueira. O día 31 de maio terá lugar unha sesión para familias no Centro Municipal de Servizos Sociais. Entre os contidos a abordar están a identificación de ameazas e riscos; o acoso nas redes; a adicción ás TICs; a violencia de xénero a través destas ou o uso saudable das redes sociais e recursos disponibles. Diríxense a estudantes de Educación Secundaria, e buscan tratar de formar e informar no uso responsable das redes.

Sociedade16/05/2018Autor: Redacción

As sesións arrancaban esta semana no IES Fene, onde se repetirán o vindeiro martes 22; no Colexio Jorge Juan, o xoves 24 e 31 de maio e, no CPI A Xunqueira,o martes 5 de xuño. De forma complementaria, está programada unha sesión para familias baixo o título “Desenrédate! Prevención nas redes sociais”, que terá lugar o 31 de maio de 18 a 19,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais.

O uso das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) e Internet é, na actualidade, un instrumento clave na vida diaria das persoas, das súas relacións sociais, familiares, laborais, educativas, etc. Teñen revolucionado o estilo de vida das persoas adultas pero, sobre todo, da xuventude.

Utilizadas adecuadamente representan unha ferramenta extraordinaria para o desenvolvemento e a comunicación, pero tamén implican riscos que é necesario coñecer e saber previr. Nun e noutro caso, os obradoiros inclúense no programa Saúde na Escola, de prevención de condutas aditivas que o Concello de Fene leva a cabo xunto a Mugardos e Neda coa subvención da Consellería de Sanidade.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros