Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Cercanía, trato persoalizado e confianza


Mercería Costuras. Sandra Montero

Eses son os valores do comercio local que encarna a Mercería Costuras, un dos establecementos participantes na Fashion Night de Fene, o sábado dezaseise de xuño. Ofrecerán agasallos seguros por cada compra superior a vinte euros. A forma de conseguir os agasallos vai ser divertida, pero queren manter o suspense e non desvelan máis. A Mercería Costuras ofrecerá tamén degustacións para a rapazada e para a poboación adulta. “É un xeito de darnos a coñecer e participaremos con catro pases no desfile de moda da Praza Alcalde Ramón Souto” salienta Sandra Montero.

Sociedade11/06/2018Autor: Redacción

Roupa interior, lás, pixamas, bañadores, son algúns dos produtos que ofrece a Mercería Costuras na estrada da Fraga en Fene. A súa propietaria está contenta do cambio de ubicación do comercio, destacando sobre todo as posibillidades de aparcamento que ofrece o vial e o entorno. Costuras é unha mercería innovadora onde se ofrecen as últimas tendencias en produtos relacionados coa costura e coa calceta. Ademáis, telas, lás, fíos, todo tipo de adornos, bañadores e roupa interior.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros