Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Nova fichaxe do Uni Ferrol


Amarah Coleman

A americana Amarah Coleman xogará a próxima tempada nas filas do Star Center Uni Ferrol despois do acordo ao que chegou cos dirixentes do conxunto ferrolán para porse ás ordes do técnico Carles Martínez.
A xogadora, que ten 21 anos, e que mide 1.80 metros, pode xogar en diversas posicións xa que, aínda que habitualmente faino de escolta ou beirado, tamén pode facelo no posto de base, no que xa o fixo varias veces no equipo da Universidade DePaul, co que competiu no tres últimas tempadas.

Sociedade13/06/2018Autor: Redacción

Este último ano, Amarah promediou 12,5 puntos por partido, 4.2 rebotes e 3.3 asistencias, o que lle valeu para ser elixida no draft da WNBA, por parte de Chicago Sky, no posto 28 da terceira rolda.

O adestrador do conxunto ferrolán, Carles Martínez, destaca da nova incorporación do seu equipo que "é unha xogadora con moito talento, moi rápida nas transicións e con bo tiro exterior. É unha gran defensora que nos axudará a manter unha intensidade alta".

Amarah convértese na sexta xogadora do conxunto ferrolán despois das renovacións de Patri Cabrera, Mariña Delgado, Ani Calvo e da fichaxe da á-pivote sueca, Elin Gustavsson.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros