Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

No verán, non pares


Fene. Día do Deporte na Rúa

Numerosas actividades deportivas oferta o concello de Fene no verán. Inaugura a tempada, o Día do Deporte na Rúa, o domingo 1 de xullo. Nese mes comezarán os Cursos Deportivos de verán nas modalidades de Atletismo, nas pistas de O Pazo, do 9 de xullo e o 31 de agosto. O Tenis, nas pistas do CCRD de Perlío, entre o 9 de xullo e o 17 de agosto. O Kayak, na praia de Almieiras, do 10 de xullo ao 16 de agosto. No mes de xullo aínda temos o Campus feminino de futbol sala María Vieira, para nenas e rapazas maiores de seis anos. Realizarase na semana do 9 ao 13 de xullo no pavillón A Xunqueira e arredores.

Sociedade13/06/2018Autor: Redacción

En agosto destacan, a Ximnasia de verán ao aire libre (A Xunqueira, de 9,30 a 10,30h) e o Campamento lúdico deportivo, no CMI Unidade de Fene, do 1 ao 14 de agosto. En Setembro remata todo coa Marcha ciclista popular.

A todo isto hai que engadir na última semana deste mes de xuño o V Campus de Ximnasia Artística e Trampolín que se celebrará no pavillón do Ramo de Barallobre, para nenos e nenas maiores de 4 anos. A inscripción neste último ábrese o dia 18 de xuño no departamento de Cultura e Deportes de Fene.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros