Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O Campus industrial presentou i3


Campus de Ferrol

O Campus Industrial de Ferrol organizou esta mañá a xornada de innovación “Aposta pola Industria Intelixente de Ferrolterra” con asistencia tanto do contorno universitario como empresarial e industrial da comarca, e no marco da cal se presentou o proxecto da Universidade da Coruña de creación da agrupación estratéxica de investigación i3. A proposta será presentada ante a Xunta de Galicia, que decidirá a súa aprobación, e no caso de que a conceda será a primeira estrutura investigadora de Galicia orientada exclusivamente á industria intelixente.

Sociedade10/07/2018Autor: Redacción

O reitor da UDC, Julio Abalde, explicou no acto inaugural da xornada que cando se plantexou a especialización do Campus de Ferrol como Campus Industrial xa se prevía como un dos pasos a desenvolver na estratexia de Campus, logo de reformular a oferta académica, a estruturación da investigación de Ferrol nunha agrupación que permita crear unha organización máis competitiva, multidisciplinar e cunha maior transferencia de coñecemento de cara ás empresas e á industria da área de Ferrol. “Foi unha proposta da institución moi ben acollida no campus e agradezo a colaboración de todo o profesorado que traballou arreo no proxecto que agora se ve culminado”, declarou Abalde.

Anne Gosset, coordinadora desta agrupación, concretou a proposta que integra a investigadores do Campus de Ferrol de sete grupos de traballo. A investigación desta agrupación, denominada i3, está orientada aos sectores estratéxicos de Galicia do naval, enerxía e téxtil, e o seu obxectivo é a creación do Centro de Investigación de Excelencia no marco da Industria Intelixente e a Fabricación Avanzada, que se chamará Ci3.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros