Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Fomento do Camiño Inglés no Reino Unido


Pelegríns ao seu paso por Fene

A Deputación da Coruña acolleu onte unha reunión con alcaldes e concelleiros dos municipios de Neda, Mesía, Paderne, Fene, Carral, Ordes, Miño, Oroso, Abegondo, Betanzos, Narón, Cabanas, Santiago de Compostela e Pontedeume durante na que, entre outras cuestións, se aprobaron os estatutos da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. A idea da constitución desta asociación xurdiu na feira “Primavera no Camiño Inglés” que conseguiu reunir por primeira vez en Betanzos aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo, que conecta os portos da Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela. O evento serviu para impulsar a idea dunha unión de todos os concellos para xuntar esforzos de cara a lograr os mellores recursos nun referente turístico e patrimonial que cada vez goza de maior afluencia de visitantes como é o Camiño Inglés.

Sociedade11/07/2018Autor: Redacción

Unha das súas prioridades será a de incorporar nos vindeiros meses aos concellos de Ferrol, Coruña, Culleredo e Cambre, por ser parte fundamental do trazado, así como facer chegar a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia diversas propostas de mellora acerca do trazado actual do Camiño e as súas infraestruturas.

Promoción do Camiño dentro e fóra de Galicia

O deputado provincial Antonio Leira presidiu a reunión, na que se incidiu en asuntos como a promoción do Camiño Inglés alén das nosas fronteiras, como no caso do condado de Durham, en Reino Unido, onde historicamente comezou o percorrido e onde a Deputación xa iniciou contactos para a promoción do Camiño Inglés, que terán continuidade por parte da nova asociación. “Esta alternativa é unha gran descoñecida en Inglaterra, pero conta cun potencial moi bo, xa que a poboación inglesa ten un gran afección e interese polas rutas xacobeas. En outubro, unha delegación da asociación visitará Inglaterra para promocionar o Camiño Inglés e abrir novas canles de colaboración e novas perspectivas de futuro”, afirmou Leira, quen avanzou que a Deputación prepara tamén un ciclo de actividades para promocionar a ruta na provincia durante o mes de outubro.

 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros