Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Do Casino á Liga de Amigos de Barallobre


Encontro de Cantareiras. Liga de Amigos. Barallobre

O Casino de Barallobre funcionaba en anos anteriores á guerra civil nun local ubicado na estrada da Ribeira, no lugar do Piqueiro. Co estoupido da guerra, todas as entidades quedan disoltas e pasarán anos sen que rexurda en Barallobre o espíritu asociativo. Finalmente será o 1 de marzo de 1951 cando se constitua o Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Barallobre. O primeiro presidente será Antonio Fernández Fernández, actuando como secretario, Antonio Lafuente Díaz. Os seus promotores son tamén os membros da comisión de festas.

Sociedade11/07/2018Autor: Redacción

O 13 de marzo de 1954, un grupo de veciños de Barallobre (Lorenzo Lamas, Antonio Feal, Juan González e José González Ardá) solicitan diante do ministerio da gobernación a autorización para constituir a Liga de Amigos de Barallobre. Pretenden adquirir un terreo para a celebración das festas da parroquia. En maio do mesmo ano o goberno civil dá o permiso e elíxese como presidente a José Cernada López, como vicepresidente a José María Pérez Parallé.

A censura franquista restrinxe a súa actividade  á organización das festas, actos folklóricos e algunha conferencia que non resulte sospeitosa aos ollos do réxime. Aínda así, Pérez Parallé e o conxunto da directiva editarán folletos que recuperan retallos da historia local e organizan numerosas conferencias.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros