Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Volve a festa dos avós


Imaxe da festa dos Avós anos atrás

O Concello de Fene recupera este xoves, no marco do ciclo “Día de Galicia”, a Festa dos Avós. Será na praza do Alcalde Ramón Souto González, baixo carpa e a partir das 20 horas. A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, convida a toda a veciñanza a asistir á cita, coa que o Concello quere agradecer o esforzo que fan tantas persoas maiores para construír no día a día unha sociedade mellor, sendo incluso en moitos casos o sustento de tantas familias. Así, a partir da hora sinalada, comezarán a repartirse as racións de churrasco, que elaborará previamente a AVV de Magalofes, e a quen o Concello agradece moi especialmente a súa colaboración. Tamén se distribuirán racións de empanada, bola e unha botella de auga por persoa ata esgotar existencias. Todo isto, de balde. As bebidas, iso si, haberá que abonalas e a recadación destinarase íntegramente a Cáritas.

Sociedade11/07/2018Autor: Redacción

Ademais, a Concellería de Cultura habilitará inchables na Avenida do Concello para os máis pequenos e pequenas da casa. E, como non, tampouco faltará a ambientación musical. Sobre as 22,30 horas, actuación da orquestra Nautilus Band, que ofrecerá en Fene o seu espectáculo “Chega o baile”. Un show moi dinámico e variado co fin de poder
satisfacer as necesidades e peticións máis específicas dos diferentes públicos, abarcando dende os boleros máis nostálxicos ata os ‘covers’ do rock máis actual; todo isto sen descoidar a música da verbena galega que segue a ser o seu sinal de identidade, especialmente na nosa lingua. Dúas trompetas e un saxo, dous percusionistas, teclado,
baixo, guitarra e catro cantantes sobre o escenario para garantir que “chega o baile”.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros